Comezamos o evento en:
00
días
00
horas
00
minutos
00
segundos
MILLA ANDRÉS DÍAZ - 9 de Outubro de 2026

ONDE O ATLETISMO DE ONTE INSPIRA AO DE MAÑÁ.

Colaxe da Milla Andrés Díaz, o atletismo e a contorna de O Parrote

A Milla Andrés Díaz nace como unha homenaxe a unha das grandes figuras do medio fondo español e como un punto de encontro para todas as persoas amantes do atletismo.

Este mes de outubro, a contorna de O Parrote transfórmase nun escenario único onde conviven as primeiras carreiras dos máis pequenos, a emoción das series populares, o espectáculo da elite e o regreso á pista de atletas que marcaron toda unha época na Milla Vintage.

Unha noite para celebrar a velocidade, a historia e a paixón por correr.